O percorrido comeza en Trigueira, onde xa comezáramos a ruta ao monte Coco, lévanos á aldea de Porto Martín, despois á de Grobas e remata en Bustelos. A ruta case todo o rato vai por camiños e corredoiras nos que compre prestar atención xa que as pedras, a lama a e auga poden complicar o noso paso. Hai que cruzar algunha ponte vella onde teremos que ser prudentes. O desnivel nalgún punto tamén e un factor a ter en conta.
Toda a zona ten un alto interese natural, os ríos e os bosques gozan dun bo estado de conservación e a paisaxe é fermosa.
A aldea de Grobas atópase rodeada de bosques ao fondo dun val, agochada, escondida, o que fai pensar e reflexionar sobre como puido ser o modo de vida dos seus poboadores.