Fundación USC Deportiva USC

Aviso

Publícanse as listas definitivas de persoas admitidas en cada queda do Verán CampUSC 2018.

[14/05/2018] As persoas admitidas poderán formalizar a súa praza efectuando o pagamento dende este momento ata o 27 de maio.

O 28 de maio comunicarase a través da páxina web en que quendas quedan prazas dispoñibles. A partir dese momento as prazas, abertas a todos os públicos, iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

As persoas inicialmente admitidas no periodo de preinscrición que non formalicen a praza antes do 27 de maio perderán a súa reserva de praza e só poder inscribirse posteriormente no caso de que aínda houbera prazas libres.

Ao non cubrirse todas as prazas na 4ª quenda, queda aberto dende este momento e ata cubrirse as prazas dispoñibles a inscrición nesta quenda para as persoas que non fixeron preinscrición.