Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado, 14 de marzo. IV Xornada teórico-práctica de iniciación á autodefensa

Curso de Óscar e Sergio Lafuente López para todas aquelas persoas maiores de 16 anos interesadas en coñecer os fundamentos teóricos e prácticos da autodefensa. Prezo: 25 euros.

O modelo de aprendizaxe proposto tradicionalmente polas artes marciais incide maioritariamente na adquisición e perfeccionamento das habilidades físico-técnicas como solución a una agresión de carácter físico. Sen embargo, presta moi pouca ou ningunha atención á adquisición de habilidades sociais, emocionais e cognitivas, polo que non ofrece solucións a outro tipo de agresións, diferentes ás de carácter físico, e moito máis frecuentes no día a día.

Neste curso, organizado pola Fundación USC Deportiva e no que colabora o Servizo de Deportes da USC, preténdese analizar os conflictos (non só físicos) cun enfoque máis aberto, construíndo deste xeito una visión máis ampla, completa e actual da Autodefensa. Proporcionaranse recursos de autodefensa para dar resposta a potenciais situación de risco, aprendendo o uso de técnicas eficaces en función das capacidades de cada un e das características da agresión. Ao mesmo tempo explicaranse técnicas de xestión de conflictos baseadas noutro tipo de habilidades e competencias destinadas a evitar o enfrontamento físico.

Destinatarios

Trátase dun curso de iniciación dirixido a todas aquelas persoas maiores de 16 anos interesadas en coñecer os fundamentos teóricos e prácticos da autodefensa.

Obxectivos

  • Proporcionar recursos de autodefensa para dar resposta a potenciais situacións de risco para a nosa integridade.
  • Aprender o uso de técnicas eficaces en función das nosas capacidades e das características de cada situación.
  • Ampliar o concepto de Autodefensa, de maneira que non se considere unicamente como unha disciplina de loita coa finalidade de repeler unha agresión física, senón tamén como unha disciplina que debe contemplar o emprego de técnicas para a solución de conflictos sen chegar a un enfrontamento físico.
  • Dar a coñecer os beneficios que reporta a práctica desta disciplina, que nos proporciona saúde e benestar, tanto a nivel físico como psíquico.

Contidos

Bloque teórico

  • Concepto de Autodefensa
  • Consideracións legais
  • A agresión: causas e tipoloxía
  • O agresor ou a agresora: consideracións xerais e tipoloxía
  • O agredido ou a agredida: estado emocional e actitude mental fronte a agresión
  • Curva de hostilidade
  • Autodefensa de carácter físico e verbal

Bloque práctico

Fundamentos Técnicos 1:

  • Colocación
  • Distancia e espazo
  • Posicións
  • Principios de utilización da forza

Fundamentos Técnicos 2:

  • Desprazamentos e esquivas
  • Defensas
  • Formas de liberarse dun agarre
  • Golpeos

Fundamentos Técnicos 3:

  • Luxacións
  • Inmovilizacións e controis
  • Derrubo
  • Outros recursos de autodefensa

Táctica e estratexia:

  • Prevención, valoración e toma de decisións
  • Coñecemento das capacidades e limitacións propias
  • Coñecemento dos factores que inflúen no grao de peligrosidade da agresión (lugar, número de agresores, características do agresor, agresión física/verbal, con/sen armas, vestimenta, sos/acompañados, etc.)

Docentes

Os docentes do curso serán Óscar e Sergio Lafuente López. Ambos contan cunha dilatada traxectoria como adestradores no eido das artes marciais e posúen a titulación de Especialistas en Autodefensa expedida pola Real Federación Española de Karate, tendo ademáis o grao de 4º DAN nesta disciplina. Óscar Lafuente é na actualidade o responsable da Escola de Karate e da Escola de Defensa Persoal da USC.

Data

14 de marzo de 2020

Horarios

  • 9:00 a 10:00 horas: Bloque teórico
  • 10:30 a 13:30 horas: Bloque práctico

Lugar

  • Bloque teórico: Colexio Maior Rodríguez Cadarso (Praza Rodríguez Cadarso s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela). Sala Multiusos
  • Bloque práctico: Sala de Artes Marciais do Estadio de Atletismo da USC (Avda. Novoa Santos, s/n; Santiago de Compostela)

Prezo

25 €

Prazas

  • Mínimo: 8
  • Máximo: 20

Material necesario

No bloque práctico será necesario o uso de roupa deportiva para o desenvolvemento da sesión.

Inscrición

Pode inscribirse calquera persoa maior de 16 anos que o desexe. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

O prazo de inscrición comezará no momento da publicación do curso na páxina web da Fundación USC Deportiva. No caso de que o día 11 de marzo non se teña chegado ao mínimo de participantes procederase á anulación do curso. De ter chegado ao mínimo de persoas inscritas nesa data pero haber aínda prazas libres, continuará aberto o prazo de inscrición.

A incrición considerarase feita unha vez cuberto este formulario on line e unha vez que se teña  recibido na Fundación o xustificante do pagamento do curso (no caso de optar polo pagamento a través da nosa páxina web non é preciso enviar este xustificante).

É obrigatorio enviar tamén por correo electrónico a info@fundacionuscdeportiva.org esta cláusula informativa cuberta e asinada.

Forma de pagamento

Existen dúas formas de facer o pagamento:

  • On line
  • Facendo un ingreso ou transferencia nalgún dos seguintes números de conta e facéndonos chegar o xustificante escaneado ou traéndoo presencialmente á sede da Fundación.

Caixa Rural Galega: ES82 3070 0035 2660 6938 4920
Abanca: ES07 2080 0388 2730 4000 0932

Correo electrónico: info@fundacionuscdeportiva.org
Enderezo: Edificio FEUGA (despacho 3). Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, 15705 Santiago de Compostela

Renuncia á praza e devolución de ingresos

As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

A inscrición na actividade supón a aceptación e o compromiso destas normas.

« Marzo - 2020 »
L Ma M X V SD
  01
02 03 04 05 06 07 08
09 10 11 12 13
14
15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31  

Sábado, 14 de marzo. IV Xornada teórico-práctica de iniciación á autodefensa

Curso de Óscar e Sergio Lafuente López para todas aquelas persoas maiores de 16 anos interesadas en coñecer os fundamentos teóricos e prácticos da autodefensa. Prezo: 25 euros.