Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 22 de febreiro. Ruta de sendeirismo: Boborás. Brués

Andaina por terras de Boborás, na comarca do Carballiño.

A ruta que imos facer comeza e remata en Almuzara. Trátase dun fermoso percorrido con varios puntos de interese como as minas de ouro e arsénico de Brués [na fotografái de José Luís Porto], a vella ponte sobre o río Viñao e o manancial de augas termais. Son destacables tamén pola súa beleza os camiños entre carballeiras e sendeiros na beira do río Viñao, que cobra un especial protagonismo. Tamén discorre por aldeíñas case baleiras, como Xurenzás, Xuvencos e Conchouso.

A ruta non ten dificultades, aínda que pode haber tramos complexos en caso de haber lama.

As minas que veremos comezaron a súa actividade xa no século XIX, e aínda se sacaba mineral despois da Guerra Civil. Tendo en conta que se atopan nunha zona de minería da época romana e que hai un castro preto das mesmas, suponse que xa eran coñecidas e exploradas desde a Idade Antiga.

  • Lonxitude: 13 km, aproximadamente
  • Desnivel: baixo-medio
  • Dificultade: media
  • Hora de saída: as 09:00 h., diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 19:00 h., aproximadamente.
« Novembro - 2020 »
L Ma M X V SD
  01
02 03 04 05 06 07 08
09 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30