Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 22 de febreiro. Ruta de sendeirismo: Boborás. Brués

Andaina por terras de Boborás, na comarca do Carballiño.

A ruta que imos facer comeza e remata en Almuzara. Trátase dun fermoso percorrido con varios puntos de interese como as minas de ouro e arsénico de Brués [na fotografái de José Luís Porto], a vella ponte sobre o río Viñao e o manancial de augas termais. Son destacables tamén pola súa beleza os camiños entre carballeiras e sendeiros na beira do río Viñao, que cobra un especial protagonismo. Tamén discorre por aldeíñas case baleiras, como Xurenzás, Xuvencos e Conchouso.

A ruta non ten dificultades, aínda que pode haber tramos complexos en caso de haber lama.

As minas que veremos comezaron a súa actividade xa no século XIX, e aínda se sacaba mineral despois da Guerra Civil. Tendo en conta que se atopan nunha zona de minería da época romana e que hai un castro preto das mesmas, suponse que xa eran coñecidas e exploradas desde a Idade Antiga.

  • Lonxitude: 13 km, aproximadamente
  • Desnivel: baixo-medio
  • Dificultade: media
  • Hora de saída: as 09:00 h., diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 19:00 h., aproximadamente.
« Xaneiro - 2020 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04 05
06 07 08 09 10 11 12
13 14 15 16 17
18
19
20 21 22 23 24
25
26
27 28 29 30 31  

Sábado 18 de xaneiro. Ruta de sendeirismo. Rodeiro. O Faro.

Entre Rodeiro e Chantada atópase unha das serras máis senlleiras de Galicia: a serra do Faro.

Sábado 25 de xaneiro. Ruta de sendeirismo. Esgos. Río Grañal

A camiñada lévanos a Esgos, na provincia de Ourense.