Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 8 de febreiro. Ruta de sendeirismo. Samos

Camiñada por Samos para saber de dous lugares arqueolóxicos sobranceiros: o campo megálitico da serrra de Édramo e o castro de Formigueiros.

O percorrido comeza mesmo en Samos e nos primeiros quilómetros vai pouco a pouco en constante subida ata chegar ao alto da serra, na súa parte situada máis ao sur. Aquí poderemos ver o castro de Formigueiros situado estratexicamente nun outeiro a case 800 metros de altitude. Neste punto colleremos unha cómoda pista que atravesa a serra ata o norte pasando por numerosos túmulos megalíticos. Nesta zona tamén gozaremos dunha ampla paisaxe en diferentes miradoiros sobre o val de Samos e o val do Mao, no Incio.

Logo de cruzar a serra collemos un camiño que en descenso nos leva a Vilar do Real, pero antes de chegar veremos unha impresionante alvariza á beira do camiño. Máis adiante, tras cruzar a estrada chegamos a San Martiño do Real, onde seguiremos durante dous quilómetros o camiño de Santiago, ata chegar novamente a Samos. O percorrido vai por camiños cómodos en xeral, salvo algún curto tramo de sendeiro.

  • Lonxitude: 18 km, aproximadamente
  • Dificultade: media
  • Desnivel: medio
  • Hora de saída: ás 08:00 h., diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 20:30h.,  aproximadamente.
« Marzo - 2020 »
L Ma M X V SD
  01
02 03 04 05 06 07 08
09 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31