Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 25 de xaneiro. Ruta de sendeirismo. Esgos. Río Grañal

A camiñada lévanos a Esgos, na provincia de Ourense.

Ao chegar a Esgos teremos un rato para tomar o café. Logo regresaremos ao bus para achegarnos a San Pedro de Rocas e visitar o mosteiro e o centro de interpretación (visita gratuíta). Ao rematar, o bus achegaranos a Tarreirigo onde comeza a ruta do río Grañal.

A ruta está sinalizada polo concello. É unha ruta lineal, pero nós faremos algunhas variantes para regresar de volta ao mesmo sitio e facela circular. Destaca pola fermosura dos bosques e os camiños entre muros de pedra cubertos de musgo. Tamén son salientables os exemplos de arquitectura típica que veremos nalgúns dos lugariños polos que pasaremos como Lampazas, Folgoso, A Granxa ou Rebordiños.

A ruta transita por algunha corredoira onde poderemos atopar lama. Tamén hai algúns tramos de asfalto entre as aldeas polas que pasaremos.

  • Lonxitude: 13 km aproximadamente
  • Desnivel: baixo-medio
  • Dificultade: baixa-media
  • Hora de saída: as 09:00 h., diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 19:00 h. aproximadamente.
« Xaneiro - 2020 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04 05
06 07 08 09 10 11 12
13 14 15 16 17
18
19
20 21 22 23 24
25
26
27 28 29 30 31  

Sábado 18 de xaneiro. Ruta de sendeirismo. Rodeiro. O Faro.

Entre Rodeiro e Chantada atópase unha das serras máis senlleiras de Galicia: a serra do Faro.

Sábado 25 de xaneiro. Ruta de sendeirismo. Esgos. Río Grañal

A camiñada lévanos a Esgos, na provincia de Ourense.