Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 18 de xaneiro. Ruta de sendeirismo. Rodeiro. O Faro.

Entre Rodeiro e Chantada atópase unha das serras máis senlleiras de Galicia: a serra do Faro.

A serra do Faro ten unha altitude máxima de 1182 m. Isto, xunto coa súa proximidade ao centro xeográfico de Galicia, fai que sexa considerado un dos mellores miradoiros. Ademais do seu interese paisaxístico destaca tamén polo seu interese natural e por iso a serra está incluída na Rede Natura 2000.

A ruta comeza mesmo en Rodeiro e vai por camiños amplos pouco a pouco subindo cara á serra. Na subida pasa polos lugariños de Romaces e as Pobanzas. O ascenso é levadeiro ata chegar ao último quilómetro onde a pendente aumenta considerablemente. Dende o cumio podemos observar gran parte do noso territorio.

Seguimos a ruta coincidindo durante dous quilómetros co Camiño de Inverno que acada o alto da serra desde Chantada. Ao chegar á Fonte dos Meniños cruzamos novamente cara a vertente de Rodeiro e comezamos o descenso pasando, mais adiante, preto de Fafián e Trasulfe, lugar moi coñecido polo seu impoñente pazo. Xusto antes de entrar na vila de Rodeiro veremos uns fermosos muíños.

Agás a pendente do último quilómetro da subida, a ruta non ten dificultades. Nalgúns puntos dos camiños podería haber lama.

  • Lonxitude: 18 km aproximadamente
  • Dificultade: media
  • Desnivel: medio
  • Hora de saída: ás 09:00 h. diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 19:00 h.  aproximadamente.
« Agosto - 2020 »
L Ma M X V SD
  01 02
03 04 05 06 07 08 09
10 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31