Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 14 de decembro. Ruta de sendeirismo. Fervenza de Painceiras (As Pontes).

Viaxamos ata o concello de As Pontes para facer unha fermosa ruta polas parroquias de Ribadeume e Bermui.

Un pouco antes de chegar faremos unha parada no concello de A Capela para tomar o café e visitar o seu museo etnográfico:A Casa do Pazo. A visita, que é guiada, ten un custe de 2 euros por persoa e non está incluído no prezo da actividade, polo que teremos que aboalo alí mesmo.

Logo da vista continuamos uns minutos no autobús ata chegar ao lugariño de A Vila, xa no concello de As Pontes. Aquí comeza a ruta que sen dúbida nos vai sorprender pola calidade da súa marabillosa paisaxe.

Ten zonas de bosque, alternando con outras de pastos, praderías e plantacións forestais. O camiño nos leva ata o rego das Foxas, na zona de As Painceiras, na parroquia de Bermui. Neste rego poderemos ver a súa fervenza, cos seus muíños. É unha auténtica fermosura. Logo o camiño continúa baixando ata a beira do río Eume. Neste punto comeza o regreso, xa entre bosque de ribeira, pegados ao río e observando as súas fragas.

Resulta rechamante que este tramo do río Eume, co estado de conservación tan bo que ten, a súa marabillosa paisaxe e a calidade dos seus bosques, non estea incluído no Parque Natural.

A ruta en principio non debería ser complicada, pero en caso de que chovese moito os días previos a auga pode complicar a actividade. Hai que cruzar algúns pequenos regatos sen ponte, ben facendo uso de pedras ou algún tronco, que, levando pouco caudal non terían maior problema. Incluso algún tramo do camiño no río podería estar anegado, o que nos obrigaría a dar algún rodeo. Tamén é probable atopar lama nos camiños.

  • Lonxitude: 14 km, aproximadamente.
  • Dificultade: media.
  • Desnivel: baixo-medio.
  • Hora de saída: ás 09:00 h., diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso ás 19:30 h., aproximadamente.
« Decembro - 2019 »
L Ma M X V SD
  01
02 03 04 06 07 08
09 10 11 12 13
14
15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30
31
 

Sábado 14 de decembro. Ruta de sendeirismo. Fervenza de Painceiras (As Pontes).

Viaxamos ata o concello de As Pontes para facer unha fermosa ruta polas parroquias de Ribadeume e Bermui.

Martes 31 de decembro. Actividade Especial Fin de Ano. Monte Pedroso

Un ano máis xuntarémonos para facer a xa tradicional ruta de Fin de Ano. Nesta ocasión, ao cumio do monte Pedroso.