Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 26 de outubro. Ruta da fraga da Marronda PR-G145

A camiñada seguirá o trazado do sendeiro homologado PR-G145 e nosa achegará á contorna da fraga da Marronda.

Comeza nas proximidades do lugar de San Paio, no concello de Baleira e ten dúas partes ben diferenciadas. A primeira vai por zonas altas, onde predominan os camiños amplos entre plantacións forestais, principalmente de piñeiro, e de cando en vez hai algún miradoiro natural que permite gozar dunhas estupendas vistas. Máis adiante comeza un forte e prolongado descenso que nos leva ata o área recreativa de A Cortevella. Neste punto atopámonos o río Eo no seu curso máis alto, e aquí comeza a segunda parte da ruta: un fermosísimo sendeiro que vai case todo o rato pegado ao río, entre zonas de bosque de ribeira moi ben conservados, que destacan pola súa biodiversidade. Masas arbóreas con multitude de fentos á beira do río fan deste tramo un auténtico agasallo para o camiñante. Gran parte do itinerario vai por zonas de Rede Natura, e aínda que a ruta non pasa polo corazón da fraga da Marronda, esta pódese ver na primeira parta da ruta.

A dificultade da ruta ven dada principalmente pola lonxitude e polo desnivel, que son salientables.

  • Lonxitude: 22 km aproximadamente.
  • Dificultade: media-alta.
  • Desnivel: medio-alto.
  • Hora de saída: ás 08:00, diante da piscina universitaria.
  • Hora de regreso: ás 21:00  aproximadamente.
« Outubro - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04 05 06
07 08 09 10 11
12
13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25
26
27
28 29 30 31  

Sábado 12 de outubro. Ruta de Bueu a Marín

Percorrido costeiro pola ría de Pontevedra unindo as localidades de Bueu e Marín, na zona norte da península do Morrazo.

Sábado 26 de outubro. Ruta da fraga da Marronda PR-G145

A camiñada seguirá o trazado do sendeiro homologado PR-G145 e nosa achegará á contorna da fraga da Marronda.