Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 12 de outubro. Ruta de Bueu a Marín

Percorrido costeiro pola ría de Pontevedra unindo as localidades de Bueu e Marín, na zona norte da península do Morrazo.

A pesar de que en xeral podemos dicir que esta zona da costa galega está urbanizada en exceso, esta ruta aínda conserva puntos ben interesantes a nivel paisaxístico principalmente.

O itinerario comeza na mesma vila de Bueu e vai case todo o rato pegado ao mar, atravesando innumerables praias como Agrelo, Lapamán, Loira, Aguete, Mogor… e lugariños e  zonas rurais como Castrelo, Casás, Moledo, Loira…

A ruta ten moi boas vistas sobre gran parte da ría: as Ons, Portonovo, Sanxenxo, a illa de Tambo, etc. Non ten moitas dificultades, salvo os tramos que teñamos que facer por area nas praias e algunha senda estreita.

Antes de comezar a camiñar visitaremos o moi interesante Museo Massó, en Bueu. O museo é froito das inquietudes culturais dos industriais Gaspar, José Mª e Antonio Massó. O seu interese pola historia da navegación lles leva a crear unha colección de libros imprimidos entre os séculos XV e XIX, instrumentos náuticos, cartografía, documentos e maquetas de embarcacións históricas que constitúen a alma desta colección.

Pouco antes de entrar en Marín aproveitaremos para visitar os petroglifos de Mogor que conforman unha das estacións rupestres máis senlleiras de Galicia.

  • Lonxitude: 15 km aproximadamente
  • Dificultade: media
  • Desnivel: medio
  • Hora de saída: ás 09:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 19:30  aproximadamente
« Outubro - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04 05 06
07 08 09 10 11
12
13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25
26
27
28 29 30 31  

Sábado 12 de outubro. Ruta de Bueu a Marín

Percorrido costeiro pola ría de Pontevedra unindo as localidades de Bueu e Marín, na zona norte da península do Morrazo.

Sábado 26 de outubro. Ruta da fraga da Marronda PR-G145

A camiñada seguirá o trazado do sendeiro homologado PR-G145 e nosa achegará á contorna da fraga da Marronda.