Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Mércores 19 de xuño. Roteiro. Olveiroa

Olveiroa é unha parroquia do concello de Dumbría, de paso obrigado para os peregrinos que se dirixen a Fisterra ou Muxía.

O estado de conservación da aldea é bastante bo e pódense observar na mesma bos exemplos de arquitectura típica tradicional, como as casas de pedra, hórreos, etc. Pero, quizais o elemento máis rechamante e pouco coñecido, aínda que moi importante, son as lacenas. As lacenas son ocos nas paredes interiores das casas onde as abellas facían o mel como se fosen colmeas. Estes ocos teñen un acceso pola parte exterior da casa que se identifica grazas a un buratiño, normalmente situado enriba do “pousadoiro”, elemento característico onde as abellas se pousan antes de entrar na lacena.


A ruta parte de Olveiroa e nos leva ata a Pedra de Brazal (ou Pedra Cabalgada), unha pedra colosal, granítica, de enormes dimensións en equilibrio enriba de outra. Ata este punto o camiño goza de moi boas vistas sobre o río Xallas e os montes da Ruña. Ao regreso pasaremos pola aldeíña de Logoso situada no val do río de Hospital. O camiño non é complicado, pero pode haber algo de lama se chovese en días anteriores.

  • Lonxitude: 10 km aproximadamente
  • Desnivel: baixo
  • Dificultade: baixa-media
  • Hora de saída: ás 16:00 h, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 21.30 h aproximadamente
« Marzo - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02 03
04 05 06 07 08
09
10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22
23
24
25 26
27
28 29
30
31

Sábado 9 de marzo. Ruta da castaña e do mel. Pobra do Brollón.

A ruta da castaña e do mel comeza en Salcedo e vai baixando entre bosques ata o río Lor á altura da central de Loureiro.

Sábado 23 de marzo. Ruta de Lecer. Ríos Miño e Rato (Lugo)

En Lugo, un percorrido polas beiras dos ríos Miño e Rato que forma parte do “cinto verde” que rodea á cidade.

Mércores 27 de marzo. Roteiro de Louro (Muros)

Esta ruta circular lévanos á parroquia de Louro no concello de Muros.

Sábado 30 de marzo. Ruta de montaña na serra da Escrita (O Courel)

Retómanse as rutas de montaña cunha camiñada polo Courel para saber da serra da Escrita, preto do val de Louzarela.