Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Mércores 19 de xuño. Roteiro. Olveiroa

Olveiroa é unha parroquia do concello de Dumbría, de paso obrigado para os peregrinos que se dirixen a Fisterra ou Muxía.

O estado de conservación da aldea é bastante bo e pódense observar na mesma bos exemplos de arquitectura típica tradicional, como as casas de pedra, hórreos, etc. Pero, quizais o elemento máis rechamante e pouco coñecido, aínda que moi importante, son as lacenas. As lacenas son ocos nas paredes interiores das casas onde as abellas facían o mel como se fosen colmeas. Estes ocos teñen un acceso pola parte exterior da casa que se identifica grazas a un buratiño, normalmente situado enriba do “pousadoiro”, elemento característico onde as abellas se pousan antes de entrar na lacena.


A ruta parte de Olveiroa e nos leva ata a Pedra de Brazal (ou Pedra Cabalgada), unha pedra colosal, granítica, de enormes dimensións en equilibrio enriba de outra. Ata este punto o camiño goza de moi boas vistas sobre o río Xallas e os montes da Ruña. Ao regreso pasaremos pola aldeíña de Logoso situada no val do río de Hospital. O camiño non é complicado, pero pode haber algo de lama se chovese en días anteriores.

  • Lonxitude: 10 km aproximadamente
  • Desnivel: baixo
  • Dificultade: baixa-media
  • Hora de saída: ás 16:00 h, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 21.30 h aproximadamente
« Xuño - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02
03 04 05 06 07
08
09
10 11 12 13 14 15 16
17
19
20 21
22
23
24 25 26 27 28 29 30

Sábado 8 de xuño. Ruta de Lecer. Monteferro. Nigrán

Imos realizar a nosa derradeira Ruta de Lecer do curso 2018-19 polo concello de Nigrán.

Mércores 19 de xuño. Roteiro. Olveiroa

Olveiroa é unha parroquia do concello de Dumbría, de paso obrigado para os peregrinos que se dirixen a Fisterra ou Muxía.

Sábado 22 de xuño. Ruta de sendeirismo. Os Peares. A Peroxa.

Camiñada por terras do concello ourensán d'A Peroxa para percorrer o sendeiro homologado PR-G 179, Ruta do río Miño.