Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 8 de xuño. Ruta de Lecer. Monteferro. Nigrán

Imos realizar a nosa derradeira Ruta de Lecer do curso 2018-19 polo concello de Nigrán.

Antes de comezar a nosa ruta teremos oportunidade de asistir a unha charla organizada pola CEMMA para nós, que se titula O regreso das fillas de Ith: os lobos mariños de Galicia.

Esta actividade é gratuíta, pero se aceptan doazóns. Grazas ás mesmas se axuda aos diferentes estudos da ONG, á conservación da natureza e á divulgación do patrimonio natural.A CEMMA é a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños. É unha ONG galega fundada en 1992, adicada ao estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, a través da investigación, promovendo e participando en proxectos con institucións estatais e internacionais e potenciando aspectos divulgativos mediante exposicións, conferencias e cursos. 

Dende 1999 CEMMA é, grazas a convenios coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, a institución responsable da asistencia aos varamentos na costa galega, da xestión do banco de mostras destas especies, da recuperación de animais feridos e do estudo poboacional. Tamén participa na redacción dos plans de conservación das especies máis ameazadas para a administración autonómica e estatal.

Unha vez rematada a charla comezaremos a camiñar na ponte da Ramallosa, xusto na desembocadura do río Miñor. Este espazo é de interese ambiental xa que é un estupendo refuxio de fauna, sobre todo para determinadas aves. Polo paseo marítimo, e rodeando o monte Lourido, chegamos a praia América, a cal percorreremos ata chegar ao porto de Panxón.

Seguramente a marea nos permitirá camiñar pola area, que estando baixa soe estar ben compactada. Nesta praia deberemos cruzar un pequeno río, para o cal deberemos descalzarnos e polo que é recomendable levar unha pequena toalla para secar os pés. Ao chegar ao porto de Panxón seguimos pola praia da Madorra, tamén por paseo, e ao pouco xa entramos no espazo natural de Monteferro.

Neste tramo iremos vendo diferentes e fermosos miradoiros cara ao mar, cunhas vistas moi boas de Baiona e as illas Estelas. Acadaremos o cumio de Monteferro, a 143 m sobre o nivel do mar. A subida ata aquí, é optativa. Logo volvemos ao porto de Panxón, onde nos recolle o bus.

  • Lonxitude: 12 km aproximadamente
  • Dificultade: baixa
  • Desnivel: baixo
  • Hora de saída ás 09:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 19:30  aproximadamente
« Maio - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02 03
04
05
06 07
08
09 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24
25
26
27 28 29 30 31  

Sábado 4 de maio. Ruta de Montaña. Pico Formigueiros. O Courel

Nesta xornada de montaña imos intentar acadar o cumio máis alto da serra do Courel, o pico Formigueiros, a 1.640 metros de altitude.

Mércores 8. de maio Roteiro. Ruta da Auga. Caldas de Reis

Esta ruta comeza no centro de Caldas, xunto ao seu pequeno xardín botánico e a marabillosa carballeira, e continúa polo paseo fluvial do Umia.

Sábado 25 de maio. Ruta de Lecer. Ecopista de Valença a Monção.

Comezaremos a camiñada Ecopista do Minho na fortaleza de Valença do Minho.