Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Mércores 24. Roteiro. Río Lérez. Pontevedra.

A ruta circular comeza preto da Ponte dos Tirantes e lévanos pola beira dereita do río ata unha zona preto da estación de bombeo da cidade. O regreso farase pola outra banda do río pasando pola Illa das Esculturas.

O percorrido non ten desnivel nin dificultades. Alterna tramos urbanos ao comezo e o final, con tramos naturais cun bo estado de conservación, con abondosas carballeiras e bosque típico de ribeira. A zona está incluída dentro da Rede Natura 2000 pola súa importancia medioambiental.

  • Lonxitude: 9 km, aproximadamente
  • Desnivel: non ten.
  • Dificultade: baixa.
  • Hora de saída: ás 016:00 h., diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 21.00 h., aproximadamente.
« Xuño - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02
03 04 05 06 07
08
09
10 11 12 13 14 15
17 18
19
20 21
22
23
24 25 26 27 28 29 30

Sábado 8 de xuño. Ruta de Lecer. Monteferro. Nigrán

Imos realizar a nosa derradeira Ruta de Lecer do curso 2018-19 polo concello de Nigrán.

Mércores 19 de xuño. Roteiro. Olveiroa

Olveiroa é unha parroquia do concello de Dumbría, de paso obrigado para os peregrinos que se dirixen a Fisterra ou Muxía.

Sábado 22 de xuño. Ruta de sendeirismo. Os Peares. A Peroxa.

Camiñada por terras do concello ourensán d'A Peroxa para percorrer o sendeiro homologado PR-G 179, Ruta do río Miño.