Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 6. Ruta De Lecer. Río Umia e Cambados.

Comezaremos a xornada visitando un muíño de mareas en Cambados. Unha vez rematada a visita percorreremos o itinerario homologado PR-G 173, ruta do río Umia.

Comezaremos na zona de Barrantes, no concello de Ribadumia, seguindo o curso dun pequeno rego ata chegar ao río Umia. Seguiremos o seu curso río arriba ata chegar a Ponte Arnelas, onde nos recollerá o autobús. Esta ruta non ten practicamente desnivel e discorre sempre a carón do río por zonas con vexetación de ribeira, pasteiros e viñedos. Trátase dun paseo moi agradable.

A segunda ruta é completamente diferente xa que transcorrerá en boa parte pola costa. Comezaremos xunto á ponte que cruza ata a Illa de Arousa e iremos camiñando cara ao sur, en dirección a Cambados, gozando das vistas ao mar.

Nalgúns puntos desviarémonos cara ao interior e cambiaremos a paisaxe marítima pola de zonas rurais. Antes de chegar a Cambados pasaremos polo muíño de mareas que visitamos pola mañá e rodearemos unha zona de marisma onde, se temos sorte, poderemos ver unha grande variedade de aves.

Unha vez en Cambados teremos en torno a unha hora de tempo libre para visitar a vila  pola nosa conta. Esta parte da xornada xa non é guiada.

Todos os camiños son en xeral moi cómodos. Os últimos 3 km, chegando a Cambados, son por pistas asfaltadas e paseo marítimo. En caso de chover os días anteriores, poderiamos atopar algún punto concreto con algo de barro.

  • Lonxitude: 15 km, aproximadamente.
  • Dificultade: baixa.
  • Desnivel: non ten.
  • Hora de saída: ás 09:00, diante da piscina universitaria.
  • Hora de regreso: ás 19:30 h., aproximadamente.
« Xuño - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02
03 04 05 06 07
08
09
10 11 12 13 14 15
17 18
19
20 21
22
23
24 25 26 27 28 29 30

Sábado 8 de xuño. Ruta de Lecer. Monteferro. Nigrán

Imos realizar a nosa derradeira Ruta de Lecer do curso 2018-19 polo concello de Nigrán.

Mércores 19 de xuño. Roteiro. Olveiroa

Olveiroa é unha parroquia do concello de Dumbría, de paso obrigado para os peregrinos que se dirixen a Fisterra ou Muxía.

Sábado 22 de xuño. Ruta de sendeirismo. Os Peares. A Peroxa.

Camiñada por terras do concello ourensán d'A Peroxa para percorrer o sendeiro homologado PR-G 179, Ruta do río Miño.