Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 30 de marzo. Ruta de montaña na serra da Escrita (O Courel)

Retómanse as rutas de montaña cunha camiñada polo Courel para saber da serra da Escrita, preto do val de Louzarela.

Iniciamos a andaina en Requeixo (650 m), un lugariño moi preto da Ponte de Louzarela. Este é un paso de moita importancia, xa que permite comunicar O Caurel con Samos. A ruta comeza subindo, e pronto chegamos á aldeíña de Vila do Castro, segue rodeando o Teso de Penalba e a pendente acentúase para chegar ao Alto do Lago (1300 m). Dende aquí poderemos gozar dunhas fermosas vistas. Pouco nos queda xa para acadar o cumio de A Escrita (1455m): un dos mellores miradoiros naturais do Caurel. Dende aquí baixaremos á aldea de Paderne, cruzando a devesa do mesmo nome, unha das máis importantes da serra. En Paderne colleremos o camiño que nos leva, subindo, a Pedrafita do Caurel. Neste punto, logo de ver a microrreserva do Alto da Pedra, iniciaremos o descenso ata Requeixo

Algúns dos puntos interesantes do percorrido son as vistas panorámicas, a impresionante devesa de Paderne, a arquitectura típica do Caurel nas aldeas polas que pasaremos ou a microrreserva do Alto da Pedra.

É salientable o desnivel que hai na ruta, tanto positivo como negativo: 1.300 m.

  • Lonxitude: 21 km aproximadamente 
  • Dificultade: media-alta
  • Desnivel: forte
  • Hora de saída: ás 08:00 h., diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 20:30 h., aproximadamente
« Xuño - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02
03 04 05 06 07
08
09
10 11 12 13 14 15 16
17
19
20 21
22
23
24 25 26 27 28 29 30

Sábado 8 de xuño. Ruta de Lecer. Monteferro. Nigrán

Imos realizar a nosa derradeira Ruta de Lecer do curso 2018-19 polo concello de Nigrán.

Mércores 19 de xuño. Roteiro. Olveiroa

Olveiroa é unha parroquia do concello de Dumbría, de paso obrigado para os peregrinos que se dirixen a Fisterra ou Muxía.

Sábado 22 de xuño. Ruta de sendeirismo. Os Peares. A Peroxa.

Camiñada por terras do concello ourensán d'A Peroxa para percorrer o sendeiro homologado PR-G 179, Ruta do río Miño.