Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Mércores 27 de marzo. Roteiro de Louro (Muros)

Esta ruta circular lévanos á parroquia de Louro no concello de Muros.

É un percorrido que nos permite gozar dun feixe de elementos de gran interese, como o conxunto de hórreos de Louro, a súa igrexa, os muíños do rego de Longarelos e o seu bosque, as impresionantes vistas de monte Louro e a súa lagoa dende o monte Meán, os petroglifos da Laxe das Rodas, o convento de san Francisco…

Son 8 quilómetros sen grandes dificultades, salvo as costas que hai que salvar. En xeral os camiños son bos e hai algún tramo de asfalto. É unha ocasión estupenda para gozar dunha tarde primaveral nun entorno único.

  • Lonxitude: 8 km aproximadamente
  • Dificultade: baixa
  • Desnivel: baixo-medio
  • Hora de saída: ás 16:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 21:15  aproximadamente
« Setembro - 2019 »
L Ma M X V SD
  01
02 03 04 05 06 07 08
09 10 11 12 13 14 15
16 17 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30