Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 23 de marzo. Ruta de Lecer. Ríos Miño e Rato (Lugo)

En Lugo, un percorrido polas beiras dos ríos Miño e Rato que forma parte do “cinto verde” que rodea á cidade.

Comezaremos na ponte romana que cruza o Miño e continuaremos río abaixo por un cómodo paseo fluvial ata chegar ao río Rato. Este afluente conta tamén cun paseo fluvial que percorreremos río arriba ata a ponte medieval pola que pasa o Camiño Primitivo. Volveremos baixar o Rato cruzando á outra beira cando sexa posible e disfrutando de puntos de interese coma o viaduto da Chanca, a fonte Arcada ou unha pequena fervenza. Comezaremos na ponte romana que cruza o Miño e continuaremos río abaixo por un cómodo paseo fluvial ata chegar ao río Rato. Este afluente conta tamén cun paseo fluvial que percorreremos río arriba ata a ponte medieval pola que pasa o Camiño Primitivo. Volveremos baixar o Rato cruzando á outra beira cando sexa posible e disfrutando de puntos de interese coma o viaduto da Chanca, a fonte Arcada ou unha pequena fervenza.

Novamente no Miño, continuaremos descendendo un anaco pola coñecida como Ruta da Fervenza, da que só faremos o comezo.

Unha vez nos recolla o bus, achegaranos ata o centro da cidade onde teremos en torno a unha hora de tempo libre para pasear pola muralla e casco antigo. Esta parte da actividade non é guiada.

A ruta que imos facer atópase nun espazo natural protexido e forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Pode haber algún punto concreto onde atopemos algo de barro.

  • Lonxitude: 14 km aproximadamente
  • Desnivel: baixo
  • Dificultade: baixa
  • Hora de saída: ás 09:00 h., diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 19.00 h., aproximadamente
« Marzo - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02 03
04 05 06 07 08
09
10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22
23
24
25 26
27
28 29
30
31

Sábado 9 de marzo. Ruta da castaña e do mel. Pobra do Brollón.

A ruta da castaña e do mel comeza en Salcedo e vai baixando entre bosques ata o río Lor á altura da central de Loureiro.

Sábado 23 de marzo. Ruta de Lecer. Ríos Miño e Rato (Lugo)

En Lugo, un percorrido polas beiras dos ríos Miño e Rato que forma parte do “cinto verde” que rodea á cidade.

Mércores 27 de marzo. Roteiro de Louro (Muros)

Esta ruta circular lévanos á parroquia de Louro no concello de Muros.

Sábado 30 de marzo. Ruta de montaña na serra da Escrita (O Courel)

Retómanse as rutas de montaña cunha camiñada polo Courel para saber da serra da Escrita, preto do val de Louzarela.