Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 9 de marzo. Ruta da castaña e do mel. Pobra do Brollón.

A ruta da castaña e do mel comeza en Salcedo e vai baixando entre bosques ata o río Lor á altura da central de Loureiro.

Logo pasa polo souto de Paramedela e volve cruzar o río para comezar a subida que nos leva de volta a Salcedo.

Durante o percorrido poderemos ver alvarizas restauradas, soutos, o río Lor, o castro de As Laceiras e abraiantes miradoiros. Todo integrado nun fermoso entorno natural.

A ruta non ten moitas dificultades, pero hai que ter en conta o descenso ata o río e a subida no regreso. Predominan os camiños en bo estado, aínda que tamén hai tramos de sendeiro.

  • Lonxitude: 13 km aproximadamente.
  • Dificultade: media.
  • Desnivel: medio.
  • Hora de saída: ás 09:00 h., diante da piscina universitaria.
  • Hora de regreso: ás 20:00 h. aproximadamente.
« Abril - 2019 »
L Ma M X V SD
01 02 03 04 05
06
07
08 09 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23
24
25 26 27 28
29 30  

Sábado 6. Ruta De Lecer. Río Umia e Cambados.

Comezaremos a xornada visitando un muíño de mareas en Cambados. Unha vez rematada a visita percorreremos o itinerario homologado PR-G 173, ruta do río Umia.

Mércores 24. Roteiro. Río Lérez. Pontevedra.

A ruta circular comeza preto da Ponte dos Tirantes e lévanos pola beira dereita do río ata unha zona preto da estación de bombeo da cidade. O regreso farase pola outra banda do río...