Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 19 de xaneiro. Arredores de Corrubedo

Comezamos o ano cun fermosísimo percorrido costeiro pola zona de Corrubedo e o seu parque natural.

A ruta comeza no mesmo pobo de Corrubedo. Camiñaremos polas súas rúas, pasando pola igrexa de Santa María. Ao saír do pobo iremos pegadiños á costa ata o faro, onde con un pouco de sorte poderemos observar a bravura do mar. O itinerario segue ata a praia das Barreiras, as puntas do Corgo e da Laxe Brava, e a praia de Espiñeirido, xa no concello de Porto do Son. Neste punto separámonos da costa para achegarnos á capela de San Bieito e seguiremos en forte pendente, por unha pista asfaltada, ata o alto de Tahume a 240m sobre o nivel do mar. As vistas dende aquí son abraiantes: podemos ver o parque natural na súa totalidade, a costa de Porto do Son, monte Louro, o Barbanza.

Logo temos que baixar, entre zonas de plantacións forestais ata Olveira. Aquí entramos xa no parque natural, facendo o Camiño do Vento, un dos percorridos habilitados no parque. Este nos leva, rodeando a gran duna móbil, ata a praia de Ladeira, xa moi preto de Corrubedo onde remataremos a nosa actividade. A ruta en xeral non é difícil, pero hai que ter en conta que temos que cruzar algún pequeno coído e zonas de area. Ten pouco desnivel, pero a subida ao Tahume é forte, aínda que breve (2 quilómetros). Pode haber lama nalgúns puntos.

  • Lonxitude: 18 km aproximadamente
  • Dificultade: media
  • Desnivel: baixo-medio
  • Hora de saída: ás 09:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 19:30 aproximadamente
« Xaneiro - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04 05 06
07 08 09 10 11 12 13
14 15 16 18
19
20
21 22 23 24 25
26
27
28
29 30 31  

Sábado 19 de xaneiro. Arredores de Corrubedo

Comezamos o ano cun fermosísimo percorrido costeiro pola zona de Corrubedo e o seu parque natural.

Sábado 26 de xaneiro. As Fragas de Trabada. Ruta do Vento

O concello de Trabada agocha un valiosísimo tesouro nas ladeiras da serra da Cadeira: as Fragas de Trabada.

Luns 28 de xaneiro. Especial Santo Tomás de Aquino. Fervenza de Augacaída e castro de Marce.

Ruta até a fervenza de Augacaída e o castro de Marce, probablemente un dos sitios máis fermosos da Ribeira Sacra.