Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Luns 31 de decembro. Actividade Especial Fin de Ano. Monte Pedroso

Un ano máis faremos a tradicional ruta de Fin de Ano camiñando até o cumio do monte Pedroso.

A actividade comeza cruzando a carballeira de San Lourenzo ata o río Sarela. Farase un treito do río para despois subir a Bar de Abaixo. Unha vez alí continuarase até a Selva Negra para, pouco a pouco, subir ata o cumio do monte e deste xeito poder ver as vistas da cidade.

O regreso farase pola Granxa do Xesto e as Casas Novas ata novamente o Sarela. Dende alí retornarase ao campus pola capela do Carme.

  • Lonxitude: 7 km aproximadamente.
  • Desnivel: baixo-medio.
  • Dificultade: baixa.
  • Hora de saída: ás 10:00, diante da piscina universitaria.
  • Hora de regreso: ás 14:00 aproximadamente.
« Decembro - 2018 »
L Ma M X V SD
  01 02
03 04 05 06 07
08
09
10 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21
22
23
24 25 26 27 28 29 30
31
 

Sábado 8 de decembro. Camiño da Amargura. Luíntra

A ruta da Amargura é unha das camiñadas máis bonitas do concello Nogueira de Ramuín.

Sábado 22 de decembro. Monte de Cádavo. Cuntis

O percorrido arrinca da parroquia de Cequeril en Cuntis para conducirnos ao cumio do monte do Cádavo.

Luns 31 de decembro. Actividade Especial Fin de Ano. Monte Pedroso

Un ano máis faremos a tradicional ruta de Fin de Ano camiñando até o cumio do monte Pedroso.