Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 22 de decembro. Monte de Cádavo. Cuntis

O percorrido arrinca da parroquia de Cequeril en Cuntis para conducirnos ao cumio do monte do Cádavo.

Comeza o percorrido na igrexa de Santa María. Dende aquí, por unha ampla pista vaise subindo polo monte Cádavo. Ao pouco atopamos unha zona con petróglifos moi interesantes. O ascenso continúa ata chegar ao alto de Rolán. Aquí, se hai visibilidade, xa poderemos gozar dunhas vistas moi boas.

Haberá opción, se o tempo o permite e hai folgos suficientes, de acadar o punto máis alto do monte. Para iso temos que subir e baixar 100 metros de desnivel e percorrer 3 quilómetros a maiores. En calquera caso este tramo será optativo.

Despois o camiño baixa por pistas e algún sendeiro ata chegar ao lugariño de Vilar de Mato. Unha vez aquí, temos que baixar á beira do río Umia para chegar á ponte do Ramo. Este treito e moi fermoso xa que hai bosques de ribeira moi ben conservados e muíños restaurados. Dende a ponte só nos queda facer un quilómetro de ascenso moi levadío ata Cequeril, onde remata o itinerario.

A ruta non ten maiores dificultades, pero en puntos concretos haberá que prestar atención en caso de haber lama e no río hai algún pequeno tramo onde o camiño está desfeito.

  • Lonxitude: 13 km aproximadamente.
  • Desnivel: medio.
  • Dificultade: media.
  • Hora de saída: ás 09:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 19:00 aproximadamente
« Decembro - 2018 »
L Ma M X V SD
  01 02
03 04 05 06 07
08
09
10 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21
22
23
24 25 26 27 28 29 30
31
 

Sábado 8 de decembro. Camiño da Amargura. Luíntra

A ruta da Amargura é unha das camiñadas máis bonitas do concello Nogueira de Ramuín.

Sábado 22 de decembro. Monte de Cádavo. Cuntis

O percorrido arrinca da parroquia de Cequeril en Cuntis para conducirnos ao cumio do monte do Cádavo.

Luns 31 de decembro. Actividade Especial Fin de Ano. Monte Pedroso

Un ano máis faremos a tradicional ruta de Fin de Ano camiñando até o cumio do monte Pedroso.