Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 8 de decembro. Camiño da Amargura. Luíntra

A ruta da Amargura é unha das camiñadas máis bonitas do concello Nogueira de Ramuín.

A ruta traza un percorrido circular que comeza e remata en Luíntra, capital do concello. Entre corredoiras, fermosos bosques e zonas altas con marabillosas vistas, nos leva ata o lugariño de Biduedo. Dende ahí imos a Paradela, xusto enriba do río Sil. O tramo dende aquí ata o mosteiro de San Estevo é un abraiante bosque autóctono. Ao chegar ao mosteiro comeza o regreso a Luíntra, pasando tamén por zonas ben fermosas como o regato de San Miguel.

A ruta non ten maiores dificultades, pero tampouco é doada. Hai que ter en conta a lama que poida haber nas corredoiras e  o desnivel acumulado, xa que as subidas e baixadas son constantes. (Haberá opción de evitar os 4 últimos quilómetros, e, deste xeito suavizar un pouco a ruta).

Goza o percorrido dun alto interesa paisaxístico e natural e son abondosos os puntos de interese: o conxunto de mámoas da Moura, o mosteiro de San Estevo, o castro das Trapas (ou Penedos do Castro).

  • Lonxitude: 17 km aproximadamente
  • Dificultade: media
  • Desnivel: medio
  • Hora de saída: ás 09:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 20:00 aproximadamente
  • Mapa do Camiño da Amargura (Luíntra)
  • MIDE do Camiño da Amargura (Luíntra)
« Febreiro - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02 03
04 05 06 07 08
09
10
11 12
13
14 15
16
17
18 20 21 22
23
24
25 26 27 28  

Sábado 9 de febreiro. A Cañiza. A Paradanta

Ruta polo val do río Calvo, seguindo o Camiño da Raíña nas terras da Paradanta.

Mércores 13 de febreiro. Roteiro. Monumento Natural Fraga de Catasós. Lalín

Ruta até a fraga de Catasós, un marabilloso espazo natural do concello de Lalín declarado Monumento Natural.

Sábado 16 de febreiro. Ruta de Montaña. Alto do Convento. Quiroga. O Caurel

Ruta de montaña para coroar o cumio do Alto do Convento en Quiroga.

Sábado 23 de febreiro. Ruta do Castro de Cervantes (Os Ancares)

Ruta circular para achegarse ao castro de Santa Mariña desde Cervantes.