Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Día 17 de novembro. Ruta de montaña: Monte Oribio desde Lóuzara

Subida ao cumio do Oribio desde San Cristovo de Lóuzara na ladeira sur da montaña. Dende aí, entre bosques e por antigas corredoiras chegamos a Gudríz, onde comeza a forte e longa ascensión ao cumio situado a 1477 m de altitude.

Dende aquí hai unhas impresionantes vistas que permiten ver toda a serra do Caurel, Ancares, Manzaneda, O Faro, Sarria, Triacastela, e incluso a cidade de Lugo. Logo só queda facer o descenso, cruzando toda a serra e pasando polo alto de Torrentes, ata chegar ao punto de partida.

A ruta goza dun altísimo interese paisaxístico e ambiental. Os camiños en xeral son bos, pero é salientable o desnivel a salvar e a forte pendente nalgúns puntos.Como é unha actividade de montaña é preciso ter a licenza federativa correspondente, así como ter un bo estado de forma e estar acostumado a subir e baixar fortes desniveis (máis de 1000 m).

  • Hora de saída: 08:00 h. (Piscina universitaria)
  • Hora de regreso: 20:30 h., aproximadamente.
  • Lonxitude: 17 km. Desnivel: forte.
  • Dificultade: media-alta.
« Novembro - 2018 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04
05 06 07 08 09 10 11
12 13
14
15 16
17
18
20 21 22 23
24
25
26 27 28 29 30  

Día 14 de novembro. Ruta da fervenza do Toxa (Silleda)

Desta volta nos desprazamos ao concello de Silleda para facer un fermosísimo percorrido nos arredores da fervenza do Toxa.

Día 17 de novembro. Ruta de montaña: Monte Oribio desde Lóuzara

Subida ao cumio do Oribio desde San Cristovo de Lóuzara na ladeira sur da montaña. Dende aí, entre bosques e por antigas corredoiras chegamos a Gudríz, onde comeza a forte e longa ...

Día 24 de novembro. Ruta de sendeirismo polo río Arnoia

A ruta que faremos polo río Arnoia forma parte da rede galega de sendeiros homologados.