A camiñada comeza no porto de Mugardos e vai polo paseo marítimo primeiro e por estrada despois, rodeando a enseada do Baño, ata o castelo da Palma, xusto enfronte ao castelo de San Felipe. Logo o camiño continúa ata Chanteiro, unha fermosa praia situada entre punta Segaño e punta Coitelada. Aquí a beleza da paisaxe aumenta por momentos ata o lugar de O Outeiro. A ruta continúa en dirección sur, un pouco cara o interior, ata Maiobre, onde volve a haber unhas fermosas vistas da ría ata chegar a Ares.
O percorrido non ten serias dificultades. Quizais o máis salientable sexa a súa lonxitude. Predominan os camiños bos, alternando con curtos tramos de sendeiros. Tamén hai inevitables tramos de pista asfaltada, sobre todo ao comezo e no medio do itinerario.
« | Febreiro - 2019 | » | ||||
L | Ma | M | X | V | S | D |
---|---|---|---|---|---|---|
01 | 02 | 03 | ||||
04 | 05 | 06 | 07 | 08 | 09 |
10 |
11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 |
17 |
18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 |
24 |
25 | 26 | 27 | 28 |