Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 9 de xuño. Ruta polo Monte Pindo. Ruta de Montaña

Ruta de montaña por dos montes máis emblemáticos de Galicia: O Pindo.

O percorrido comeza no Porto de Quilmas, dende aquí sae unha pista que, en forte ascenso, nos leva ata un fermosísimo miradoiro natural que se chama: "Onde se Adora". Neste punto tomamos un sendeiro que nos leva ata a zona do Pedrullo, onde empata coa ruta normal de subida ata a Moa, punto máis alto do macizo (629 m). Antes de acadar este cumio subiremos algún outro secundario, na mesma zona, dentro do que se denominan Os Altos das Cortes. Son cumios pequenos, a simple vista inexpugnables, pero que nos ofrecen unha perspectiva diferente da Moa e seus arredores. Unha vez acadados estes pequenos cumios e A Moa, nos diriximos ata A Laxiña, outro dos cumios significativos do macizo, xa que ofrece unha impresionante vista do val de Caldeiras, o pobo do Pindo, o Penafiel… Aquí tamén se sitúa a Cova da Xoana, un enorme burato que atravesa a dura montaña granítica de lado a lado, un dos sitios máis máxicos da zona, cargado de lendas e historias. O final da ruta e no punto de partida e para iso temos que desfacer o camiño andado.

O percorrido é relativamente curto, pero gran parte do camiño e moi pedregoso. As ascensións aos diferentes cumios, así como á cova da Xoana  non son doadas, e en varios puntos teremos que apoiarnos coas mans. Todo isto, xunto coa forte pendente fai que se requira certa axilidade, destreza e capacidade de esforzo, por iso incluímos a actividade dentro do calendario de montaña.

  • Lonxitude: 11 km. aproximadamente.                 
  • Desnivel: forte.             
  • Dificultade: alta.
  • Hora de saída: ás 09:00 h. diante da piscina universitaria.
  • Hora de regreso: ás 19:30 h., aproximadamente.
  • MIDE da ruta do Pindo.
  • Mapa da ruta do Pindo
« Maio - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02 03
04
05
06 07
08
09 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 22 23 24
25
26
27 28 29 30 31  

Sábado 4 de maio. Ruta de Montaña. Pico Formigueiros. O Courel

Nesta xornada de montaña imos intentar acadar o cumio máis alto da serra do Courel, o pico Formigueiros, a 1.640 metros de altitude.

Mércores 8. de maio Roteiro. Ruta da Auga. Caldas de Reis

Esta ruta comeza no centro de Caldas, xunto ao seu pequeno xardín botánico e a marabillosa carballeira, e continúa polo paseo fluvial do Umia.

Sábado 25 de maio. Ruta de Lecer. Ecopista de Valença a Monção.

Comezaremos a camiñada Ecopista do Minho na fortaleza de Valença do Minho.