Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

17-20 de maio. Actividade especial de primavera: Babia. Cordilleira Cantábrica (León)

Babia, facendo fronteira entre León e a comarca asturiana de Somiedo, ofrece unhas das paisaxes máis marabillosas da cordilleira Cantábrica.

A simbiose entre os seus cómodos e amables vales e as súas montañas, moitas das cales superan os 2.000 m, fai que sexa unha zona perfecta para a práctica das actividades de sendeirismo e montaña e, sen dúbida ningunha, a primavera é das mellores épocas do ano para visitala.

Faremos rutas por paisaxes variadas e diferentes puntos. As camiñadas serán, en xeral, de dificultade media, aínda así hai que ter un bo estado de forma e estar afeito á práctica do sendeirismo.

Todas as actividades que faremos teñen un alto interese natural e paisaxístico.

As rutas previstas son:

  • Arredores de La Cueta e Peña Chana.
  • Lagoa de Las Verdes.
  • Arredores de Peña Ubiña.
  • Lago Chao desde Rio lago

O aloxamento é en Villablino, pero os desprazamentos ata os sitios onde comezan as rutas son curtos, sobre media hora aproximadamente.

  • Saída: día 17, xoves, ás 08:00 h., diante da Piscina Universitaria
  • Regreso: día 20, domingo, ás 21:00 h. aproximadamente.
  • Aloxamento: Estaremos aloxados en Villablino, no albergue Francisco Giner de Los Rios en réxime de media pensión. Hai que levar a comida para as rutas. As habitacións son dobres e todas teñen baño. A distribución dos aloxamentos farase seguindo criterios organizativos.
« Abril - 2018 »
L Ma M X V SD
 
01
02 03 04 05 06
07
08
09 10 11 12 13 14 15
16 17
18
19 20
21
22
23 24 25 26 27
28
29
30  

29 de marzo a 1 de abril. Actividade de Semana Santa. Cabezón de la Sal. Parques Naturais de Cantabria.

Temos previsto visitar o parque natural de Oyambre, o monumento natural das Secuoias do Monte Cabezón e o parque natural de Saja. Tamén visitaremos vilas como San Vicente de la Ba...

Sábado 7 de abril. Serra Longa (As Nogais)

A ruta comeza no centro das Nogais atravesa a parroquia de Doncos até chegar a Serra Longa e Pedrafita do Cebreiro.

Mércores 18 de abril. Roteiro polas Salinas de Ulló

Percorrido moi cómodo polo litoral de Vilaboa para coñecer as antigas salinas de Ulló que se remontan ao reinado de Felipe IV, a finais do século XVII.

Sábado 21 de abril. O Caurel, ascenso a O Faro

Dentro da programación de rutas de montaña, saída en Pedrafita do Cebreiro para intentar acadar o cumio de O Faro (1.615 m de altitude).

Sábado 28 de abril. Ruta de Lecer. Ecopista entre Vila Nova de Cerveira e Valença

A Ecopista é un itinerario que vai case todo o tempo á beira do río Miño unindo as localidades de Caminha e Monçao.