Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 12 de maio. Serra de Queixa. Ruta de Montaña.

Imos ata Chandrexa de Queixa para facer un percorrido por unha das serras máis senlleiras do Macizo Central Ourensán: a serra de Queixa.

A ruta é de ida e volta polo mesmo camiño. Dada a súa lonxitude, o desnivel e as características do terreo a consideramos unha ruta de montaña.

Comeza na parroquia de Chandrexa e vai por corredoiras típicas ata Forcadas, un lugariño situado nun fermoso val. Aquí comeza a subida propiamente dita ao alto da serra.

No tramo intermedio da subida a ruta vai por un sendeiriño feito polo gando, en forte pendente e, a medida que vai chegando ao alto, o camiño mellora substancialmente.

Logo de 5 quilómetros de subida chegamos á Mallada do Frade, a 1.700 m de altitude. Dende aquí nos achegaremos un pouco máis ao sur, para poder ver as impresionantes vistas sobre a serra.

O regreso é polo mesmo camiño.

A ruta ten un alto interese paisaxístico e natural.

  • Hora de saída: ás 08:00 h., diante da Piscina Universitaria.
  • Hora de regreso: ás 21:30 h., aproximadamente
  • Lonxitude: 23 km aproximadamente.
  • Desnivel: medio-alto.
  • Dificultade: media-alta.
« Abril - 2018 »
L Ma M X V SD
 
01
02 03 04 05 06
07
08
09 10 11 12 13 14 15
16 17
18
19 20
21
22
23 24 25 26 27
28
29
30  

29 de marzo a 1 de abril. Actividade de Semana Santa. Cabezón de la Sal. Parques Naturais de Cantabria.

Temos previsto visitar o parque natural de Oyambre, o monumento natural das Secuoias do Monte Cabezón e o parque natural de Saja. Tamén visitaremos vilas como San Vicente de la Ba...

Sábado 7 de abril. Serra Longa (As Nogais)

A ruta comeza no centro das Nogais atravesa a parroquia de Doncos até chegar a Serra Longa e Pedrafita do Cebreiro.

Mércores 18 de abril. Roteiro polas Salinas de Ulló

Percorrido moi cómodo polo litoral de Vilaboa para coñecer as antigas salinas de Ulló que se remontan ao reinado de Felipe IV, a finais do século XVII.

Sábado 21 de abril. O Caurel, ascenso a O Faro

Dentro da programación de rutas de montaña, saída en Pedrafita do Cebreiro para intentar acadar o cumio de O Faro (1.615 m de altitude).

Sábado 28 de abril. Ruta de Lecer. Ecopista entre Vila Nova de Cerveira e Valença

A Ecopista é un itinerario que vai case todo o tempo á beira do río Miño unindo as localidades de Caminha e Monçao.