Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 12 de maio. Serra de Queixa. Ruta de Montaña.

Imos ata Chandrexa de Queixa para facer un percorrido por unha das serras máis senlleiras do Macizo Central Ourensán: a serra de Queixa.

A ruta é de ida e volta polo mesmo camiño. Dada a súa lonxitude, o desnivel e as características do terreo a consideramos unha ruta de montaña.

Comeza na parroquia de Chandrexa e vai por corredoiras típicas ata Forcadas, un lugariño situado nun fermoso val. Aquí comeza a subida propiamente dita ao alto da serra.

No tramo intermedio da subida a ruta vai por un sendeiriño feito polo gando, en forte pendente e, a medida que vai chegando ao alto, o camiño mellora substancialmente.

Logo de 5 quilómetros de subida chegamos á Mallada do Frade, a 1.700 m de altitude. Dende aquí nos achegaremos un pouco máis ao sur, para poder ver as impresionantes vistas sobre a serra.

O regreso é polo mesmo camiño.

A ruta ten un alto interese paisaxístico e natural.

  • Hora de saída: ás 08:00 h., diante da Piscina Universitaria.
  • Hora de regreso: ás 21:30 h., aproximadamente
  • Lonxitude: 23 km aproximadamente.
  • Desnivel: medio-alto.
  • Dificultade: media-alta.
« Novembro - 2018 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04
05 06 07 08 09 10 11
12
14
15 16
17
18
19 20 21 22 23
24
25
26 27 28 29 30  

Día 14 de novembro. Ruta da fervenza do Toxa (Silleda)

Desta volta nos desprazamos ao concello de Silleda para facer un fermosísimo percorrido nos arredores da fervenza do Toxa.

Día 17 de novembro. Ruta de montaña: Monte Oribio desde Lóuzara

Subida ao cumio do Oribio desde San Cristovo de Lóuzara na ladeira sur da montaña. Dende aí, entre bosques e por antigas corredoiras chegamos a Gudríz, onde comeza a forte e longa ...

Día 24 de novembro. Ruta de sendeirismo polo río Arnoia

A ruta que faremos polo río Arnoia forma parte da rede galega de sendeiros homologados.