Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 28 de abril. Ruta de Lecer. Ecopista entre Vila Nova de Cerveira e Valença

A Ecopista é un itinerario que vai case todo o tempo á beira do río Miño unindo as localidades de Caminha e Monçao.

Nesta ocasión faremos o tramo entre Vila Nova de Cerveira e Valença. Ao chegar a Vila Nova de Cerveira haberá tempo (uns 45 minutos) para visitar a vila antes de comezar a camiñar. O percorrido non ten dificultades e goza dun alto interese natural e paisaxístico. Dadas as características do firme na ruta non é necesario levar botas para facela. É aconsellable levar calzado deportivo que non sexa bota de sendeirismo dura.

Teremos ocasión de visitar o forte de Lovelhe ao saír de Vila Nova, construído no século XVII, e que xogou un papel moi importante no control e vixiancia da fronteira. Ao rematar tamén haberá tempo (1 hora aproximadamente) para visitar Valença e a súa Fortaleza.

  • Lonxitude: 16 km aproximadamente.
  • Desnivel: non ten.
  • Dificultade: baixa.
  • Hora de saída: ás 09:00, diante da piscina universitaria.
  • Hora de regreso: ás 20:00 aproximadamente.
« Xullo - 2018 »
L Ma M X V SD
  01
02 03 04 05 06 07 08
09 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31