Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 21 de abril. O Caurel, ascenso a O Faro

Dentro da programación de rutas de montaña, saída en Pedrafita do Cebreiro para intentar acadar o cumio de O Faro (1.615 m de altitude).

A ruta comeza preto de Zanfoga, na ponte sobre o río Lor, e vai por zonas boscosas e altas ata chegar preto de Fonteformosa e o seu faial, un dos poucos que hai en Galicia. Logo seguimos camiñando ata pasar á provincia de León e baixar ata o lugar de Busmaior, moi coñecido tamén por ter esta zona bosques en moi bo estado de conservación, onde destaca tamén o seu faial. Pasaremos moi preto del, e incluso entraremos algo no bosque para gozar dos seus regos e as súas fervenzas, xusto antes de encarar a dura subida a O Faro (situado entre Galicia e León).

Unha vez no cumio só nos queda baixar ata o lugar de Riocereixa, e de aí ata a ponte sobre o rego de Santín, onde nos recollerá o bus. Esta actividade de ascenso a O Faro, polo seu desnivel e lonxitude, a consideramos unha actividade de montaña. Aínda que os camiños en xeral son bos, é preciso ter unha boa condición física e estar acostumado a facer rutas de sendeirismo con soltura, así como ter certa capacidade de esforzo. Non é unha actividade apta para xente con pouca experiencia.

  • Lonxitude: 20 km aproximadamente
  • Desnivel: alto
  • Dificultade:  media-alta
  • Hora de saída: ás 08:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 21:00 aproximadamente.
« Maio - 2018 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04 05 06
07 08 09 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31