Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 7 de abril. Serra Longa (As Nogais)

A ruta comeza no centro das Nogais atravesa a parroquia de Doncos até chegar a Serra Longa e Pedrafita do Cebreiro.

É un percorrido lineal que vai por cómodos camiños. Case toda a ruta é un continuo ascenso aínda que se fai moi ben, xa que a pendente non é moi forte. Só no último quilómetro e medio faise unha baixada para chegar a Pedrafita, que é o sitio onde nos recollerá o autobús. Gran parte do percorrido vai dentro do LIC Ancares-Caurel xa que conta con interesantes valores naturais, e tamén paisaxísticos.

  • Lonxitude: 15 km aproximadamente
  • Desnivel: medio
  • Dificultade:  media
  • Hora de saída: ás 09:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 20:00 aproximadamente
  • Mapa da ruta da Serra Longa (As Nogais)
  • MIDE da ruta da Serra Longa (As Nogais)
« Marzo - 2019 »
L Ma M X V SD
  01 02 03
04 05 06 07 08
09
10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 22
23
24
25 26
27
28 29
30
31

Sábado 9 de marzo. Ruta da castaña e do mel. Pobra do Brollón.

A ruta da castaña e do mel comeza en Salcedo e vai baixando entre bosques ata o río Lor á altura da central de Loureiro.

Sábado 23 de marzo. Ruta de Lecer. Ríos Miño e Rato (Lugo)

En Lugo, un percorrido polas beiras dos ríos Miño e Rato que forma parte do “cinto verde” que rodea á cidade.

Mércores 27 de marzo. Roteiro de Louro (Muros)

Esta ruta circular lévanos á parroquia de Louro no concello de Muros.

Sábado 30 de marzo. Ruta de montaña na serra da Escrita (O Courel)

Retómanse as rutas de montaña cunha camiñada polo Courel para saber da serra da Escrita, preto do val de Louzarela.