Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

29 de marzo a 1 de abril. Actividade de Semana Santa. Cabezón de la Sal. Parques Naturais de Cantabria.

Temos previsto visitar o parque natural de Oyambre, o monumento natural das Secuoias do Monte Cabezón e o parque natural de Saja. Tamén visitaremos vilas como San Vicente de la Barquera e Comillas.

Sen dúbida algunha Cantabria é un dos mellores sitios do norte peninsular para facer rutas de sendeirismo. A súa xeografía, os seus valores naturais, así como os culturais e etnográficos fan que sexa un paraíso dos amantes da natureza.

Faremos rutas por paisaxes variadas e diferentes puntos.  As rutas serán en xeral de dificultade media, aínda así, hai que ter un bo estado de forma e estar habituado á práctica do sendeirismo.

Todas as rutas que faremos zonas teñen un alto interese natural e paisaxístico.

  • Datas: do 29 de marzo ao 1 de abril
  • Lugar: Cabezón de la Sal. Cantabria
  • Saída: día 29 de marzo, xoves, ás 08:00, diante da piscina universitaria
  • Regreso: día 1 de abril, domingo, ás 21:00 aprox.
  • Aloxamento: Estaremos aloxados en Cabezón de la Sal, na Hostería el Cruce, en réxime de media pensión. Cearemos e almorzaremos todos xuntos no hostal. As habitacións son dobres e todas teñen baño.  A distribución dos aloxamentos farase seguindo criterios organizativos.
« Febreiro - 2018 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04
05 06 07 08 09 10 11
12 13 14 15 16
17
18
19 20
21
22 23
24
25
26 27 28  

Sábado 17 de debreiro. Ruta do Alto da Farria (Xunqueira de Ambia)

O inicio da camiñada segue a beira do río Arnoia para ir ascendendo até o castro de Acea.

Mércores 21 de febreiro. Roteiro por Compostela: o monte Pedroso

Imos facer un percorrido circular pasando pola carballeira de San Lourenzo, cruzando o río Sarela e a Selva Negra ata o mirador sur do Pedroso.

Sábado 24 de febreiro. Ruta do río Seixo (Cerdedo)

Un itinerario fermosísimo que percorre todo o val do río Seixo.