Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Mércores 21 de marzo. Roteiro interpretativo polo río Sarela.

Con motivo do "Día Internacional dos Bosques de 2018" (21 de marzo) realizaremos un percorrido interpretativo polas beiras do Río Sarela, un dos pulmóns de Compostela.

Neste roteiro poderemos ver un bo exemplo de Bosque de Ribeira, un hábitat protexido pola UE, así coma unha serie de parques e xardíns onde atoparemos numerosas especies arbóreas ornamentais.

 

Esta actividade estará guiada e dirixida por persoal do Museo de Historia Natural.

 

  • Dificultade: baixa
  • Desnivel. Baixo
  • Hora de saída: ás 17:00, diante da piscina universitaria.
  • Hora de regreso: ás 19:00 aproximadamente
« Febreiro - 2018 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04
05 06 07 08 09 10 11
12 13 14 15 16
17
18
19 20
21
22 23
24
25
26 27 28  

Sábado 17 de debreiro. Ruta do Alto da Farria (Xunqueira de Ambia)

O inicio da camiñada segue a beira do río Arnoia para ir ascendendo até o castro de Acea.

Mércores 21 de febreiro. Roteiro por Compostela: o monte Pedroso

Imos facer un percorrido circular pasando pola carballeira de San Lourenzo, cruzando o río Sarela e a Selva Negra ata o mirador sur do Pedroso.

Sábado 24 de febreiro. Ruta do río Seixo (Cerdedo)

Un itinerario fermosísimo que percorre todo o val do río Seixo.