Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 10 de marzo. Serra do Xistral. Subida ao Cadramón

Visitaremos a vertente máis oriental da serra do Xistral e acadaremos o cumio do Cadramón, a maior altitude da serra con 1058 m. A ruta é circular e comeza na ponte sobre o río Furna. Aquí sae unha pista que pouco a pouco vai subindo ata enlazar cun sendeiro que nos leva a o pé do cumio, a 920 m.

O derradeiro tramo do ascenso será optativo, facendo un treito de ida e volta de case dous quilómetros pola empinada pero cómoda ladeira oeste do Cadramón. Logo continuamos camiñando todo o rato polo alto, entre 900 e 100m de altitude pola única zona da serra libre de muíños de vento ata chegar ao alto de Onsolar, onde comezamos o descenso. Os últimos 4 quilómetros de descenso tamén son optativos, xa que o autobús pode vir a recollernos.

A ruta goza dun altísimo interese paisaxístico xa que a altura dos seus montes permite ter unhas panorámicas abraiantes de gran parte da provincia de Lugo. Así mesmo tamén é destacable o interese natural. As turbeiras de cobertor, únicas na Península, son o seu máximo expoñente.

O desnivel da ruta é salientable aínda que case todo se fai por terreo moi cómodo (pistas e camiños moi bos).

En caso de optar por non facer o tramo último de ascenso ao Cadramón e tampouco o tramo final de baixada da ruta a dificultade redúcese sensiblemente.

  •  Lonxitude: 17 km aproximadamente
  • Desnivel: medio-alto
  • Dificultade:  media-alta
  • Hora de saída: ás 09:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 20:00 aproximadamente
« Setembro - 2018 »
L Ma M X V SD
  01 02
03 04 05 06 07 08 09
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21
22
23
24 25
26
27 28
29
30

Sábado 22 de setembro. Ruta de Lecer. Senda Verde de Carnota

A ruta lévanos a Carnota. Faremos un dos itinerarios sinalizados cos que conta o concello: A Senda Verde.

Mércores 26 de setembro. Roteiro polo río Sar

Comezamos a nosa programación de Roteiros cun estupendo percorrido polo paseo do río Sar.

Sábado 29 de setembro. O Camiño dos Faros: de Touriñán a Rostro.

A andaina lévanos desde cabo Touriñán ata Rostro dando continuidade ao Camiño dos Faros.