Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 24 de febreiro. Ruta do río Seixo (Cerdedo)

Un itinerario fermosísimo que percorre todo o val do río Seixo.

A ruta comeza mesmo en Cerdedo, e ao pouco comeza a ascender polo monte. Unha vez no alto, a media ladeira da serra, poderemos gozar dunhas vistas marabillosas de todo o val.

A paisaxe é moi fermosa e variada, xa que se pode contemplar o val do Seixo en toda a súa extensión  O camiños nos leva ata a aldea de Cavadosa, onde poderemos ver as fervenzas do río. Aquí iniciamos o regreso, que vai á beira do río, entre fantásticos bosques moi ben conservados.

Durante este treito poderemos ver varios muíños antigos, así como pequenas pontes centenarias. Pouco antes de rematar, cruzaremos a ponte de San Antón, de orixe románica.

A ruta non ten moitas dificultades, salvo a subida do comezo, pero en xeral faise ben e o camiño é bastante bo. En caso de haber auga ou lama, pode aumentar algo a dificultade da ruta.

« Xaneiro - 2018 »
L Ma M X V SD
01 02 03 04 05 06 07
08 09 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19
20
21
22 23 24 25 26
27
28
29 30 31  

Sábado 20 de xaneiro. Ruta por Belesar. Ribeira Sacra

O percorrido transcorre polo sendeiro homologado PR-G183, chamado Ruta dos Viñedos de Belesar.

Sábado 27 de xaneiro. Camiño dos Faros. De Muxía a Cabo Touriñán

Última etapa do Camiño dos Faros, dende Muxía a cabo Touriñán.