Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Mércores 21 de febreiro. Roteiro por Compostela: o monte Pedroso

Imos facer un percorrido circular pasando pola carballeira de San Lourenzo, cruzando o río Sarela e a Selva Negra ata o mirador sur do Pedroso.

Dende o alto do Pedroso poderemos gozar dunhas estupendas vistas. Logo continuaremos ata o cumio do monte onde as vistas sobre a cidade e os arredores son mellores aínda. O regreso farémolo polo parque da Granxa do Xesto e o de Galeras.

É un percorrido ben bonito, con escasas dificultades, salvo o desnivel a salvar. Poderemos gozar de diferentes paisaxes así como diferentes puntos de interese natural.

  • Lonxitude: 8 km aproximadamente 
  • Desnivel: medio
  • Dificultade: baixa
  • Hora de saída: ás 17:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 19:30 aproximadamente
« Marzo - 2018 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04
05 06 07 08 09
10
11
12 13 14 15 16 17 18
19 20
21
22 23 24 25
26 27 28
29
30
31
 
Sábado 10 de marzo. Serra do Xistral. Subida ao Cadramón

Visitaremos a vertente máis oriental da serra do Xistral e acadaremos o cumio do Cadramón, a maior altitude da serra con 1058 m. A ruta é circular e comeza na ponte sobre o río Fur...

Mércores 21 de marzo. Roteiro interpretativo polo río Sarela.

Con motivo do "Día Internacional dos Bosques de 2018" (21 de marzo) realizaremos un percorrido interpretativo polas beiras do Río Sarela, un dos pulmóns de Compostela.

29 de marzo a 1 de abril. Actividade de Semana Santa. Cabezón de la Sal. Parques Naturais de Cantabria.

Temos previsto visitar o parque natural de Oyambre, o monumento natural das Secuoias do Monte Cabezón e o parque natural de Saja. Tamén visitaremos vilas como San Vicente de la Ba...