Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Mércores 21 de febreiro. Roteiro por Compostela: o monte Pedroso

Imos facer un percorrido circular pasando pola carballeira de San Lourenzo, cruzando o río Sarela e a Selva Negra ata o mirador sur do Pedroso.

Dende o alto do Pedroso poderemos gozar dunhas estupendas vistas. Logo continuaremos ata o cumio do monte onde as vistas sobre a cidade e os arredores son mellores aínda. O regreso farémolo polo parque da Granxa do Xesto e o de Galeras.

É un percorrido ben bonito, con escasas dificultades, salvo o desnivel a salvar. Poderemos gozar de diferentes paisaxes así como diferentes puntos de interese natural.

  • Lonxitude: 8 km aproximadamente 
  • Desnivel: medio
  • Dificultade: baixa
  • Hora de saída: ás 17:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 19:30 aproximadamente
« Xaneiro - 2018 »
L Ma M X V SD
01 02 03 04 05 06 07
08 09 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19
20
21
22 23 24 25 26
27
28
29 30 31  

Sábado 20 de xaneiro. Ruta por Belesar. Ribeira Sacra

O percorrido transcorre polo sendeiro homologado PR-G183, chamado Ruta dos Viñedos de Belesar.

Sábado 27 de xaneiro. Camiño dos Faros. De Muxía a Cabo Touriñán

Última etapa do Camiño dos Faros, dende Muxía a cabo Touriñán.