Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 17 de debreiro. Ruta do Alto da Farria (Xunqueira de Ambia)

O inicio da camiñada segue a beira do río Arnoia para ir ascendendo até o castro de Acea.

Deixando atrás o castro, continua a ascensión ata acadar o alto da Cruz e a Farria, a máis de 800 m de altitude. Neste alto iniciaremos o regreso descendendo ata Xunqueira.

Hai que prestarlle atención tamén aos lugariños polos que pasamos: A Acea, O Covelo, Farría, Quintela… En todos eles podemos ver interesantes mostras de arquitectura tradicional.

A ruta é unha fermosura e son abondosos os bosques ben conservados e as fermosas corredoiras entre carballos e castiñeiros, algúns deles dun porte considerable. As vistas dende o alto da Farria son moi boas, xa que se pode contemplar gran parte da provincia: Montederramo, Allariz, a chaira de A Limia…

O itinerario non presenta maiores dificultades, salvo algún punto moi concreto do ascenso e descenso da Farria, onde a pendente e un pouco forte e o chan un pouco esvaradío, pero son tramos moi curtos. A auga e a lama, en caso de habelas, tamén pode complicar un pouco a ruta.

Antes de comezar a ruta faremos unha visita á Colexiata de Santa María a Real, que xa visitamos anteriormente, pero sempre paga a pena ver un monumento destas características.

  • Lonxitude: 12 km aproximadamente 
  • Desnivel: medio
  • Dificultade:  media
  • Hora de saída: ás 09:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 19:30 aproximadamente
« Xaneiro - 2018 »
L Ma M X V SD
01 02 03 04 05 06 07
08 09 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19
20
21
22 23 24 25 26
27
28
29 30 31  

Sábado 20 de xaneiro. Ruta por Belesar. Ribeira Sacra

O percorrido transcorre polo sendeiro homologado PR-G183, chamado Ruta dos Viñedos de Belesar.

Sábado 27 de xaneiro. Camiño dos Faros. De Muxía a Cabo Touriñán

Última etapa do Camiño dos Faros, dende Muxía a cabo Touriñán.