Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 27 de xaneiro. Camiño dos Faros. De Muxía a Cabo Touriñán

Última etapa do Camiño dos Faros, dende Muxía a cabo Touriñán.

Este tramo é un percorrido esixente polas continuas subidas e baixadas, con pendentes moi fortes e pronunciadas nalgúns puntos. O terreo ás veces é un pouco incómodo.

A beleza das paisaxes é proporcional ás dificultades. Hai algún curto tramo que podería ser vertixinoso. Compre ir amodo.

Sen dúbida algunha é un dos tramos mais salvaxes do Camiño dos Faros dende o punto de vista paisaxístico

Sairemos mesmo de Muxía, onde teremos un rato para tomar o café matinal e unha consecución de fermosas e abraiantes praias, coídos, montes, enseadas e cabos nos leva ata Touriñán onde nos recollerá o autobús.

  • Lonxitude: 21 km aproximadamente
  • Desnivel: medio
  • Dificultade: media-alta
  • Hora de saída: ás 08:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 20:30 aproximadamente.
« Decembro - 2017 »
L Ma M X V SD
  01 02 03
04 05 06 07 08 09 10
11 12 13 14 15
16
17
18 19 20 21 22
23
24
25 26 27 28 29 30
31

Sábado 16 de decembro. Serra do Candán. Zobra.

Ruta polo parroquia de Zobra, entre o Candán e os montes do Testeiro polo sendeiro homologado PR-G188.

16 de decembro. III Curso de iniciación ao mindfulness

Este seminario está enfocado a todas aquelas persoas que queran achegarse ao mundo da Meditación e do Mindfulness.

Sábado 23 de decembro. Ruta de Moreiras (Toén)

Camiñada polo sendeiro homologado do Concello de Toén PR-G186, coñecido como ruta de Moreiras.

Domingo 31 de decembro. Fin de Ano. Alto de Santiaguiño

Camiñada para o derradeiro día do ano, a subida ao Alto de Santiaguiño en Padrón.