Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 20 de xaneiro. Ruta por Belesar. Ribeira Sacra

O percorrido transcorre polo sendeiro homologado PR-G183, chamado Ruta dos Viñedos de Belesar.

A ruta é lineal e parte do traxecto de volta coincide co de ida, pero tendo en conta a beleza das paisaxes isto non é un problema, ao contrario.

A ruta comeza e remata en Belesar e pasa por lugariños como O Pousadoiro, Portotide, A Veiga e o miradoiro do Cabo de Mundo… Sempre moi pegados ao Miño. Isto nos permite gozar das vistas cara a outra beira, que pertence ao concello de O Saviñao e está chea de fermosos bosques e viñedos. O itinerario non te maiores dificultades, salvo a lama que poida haber e algún tramo con certo desnivel.

Pouco antes de rematar a ruta (1 quilómetro antes) visitaremos a Adega do Veiga, situada no lugar de A Ermida. Trátase dunha adega familiar, tradicional, típica da zona. A visita ten un custe de 3 euros por persoa e inclúe cata de viño. Este custe non vai incluído no prezo da actividade e cada participante terá que pagalo na adega. Entendemos que se vos anotades a actividade tendes interese en visitar a adega. Por favor se non fose así avisade cando fagades a inscrición.

  • Lonxitude: 13 km aproximadamente
  • Desnivel: medio
  • Dificultade:  media
  • Hora de saída: ás 09:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 19:30 aproximadamente
« Febreiro - 2018 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04
05 06 07 08 09 10 11
12 13 14 15 16
17
18
19 20
21
22 23
24
25
26 27 28  

Sábado 17 de debreiro. Ruta do Alto da Farria (Xunqueira de Ambia)

O inicio da camiñada segue a beira do río Arnoia para ir ascendendo até o castro de Acea.

Mércores 21 de febreiro. Roteiro por Compostela: o monte Pedroso

Imos facer un percorrido circular pasando pola carballeira de San Lourenzo, cruzando o río Sarela e a Selva Negra ata o mirador sur do Pedroso.

Sábado 24 de febreiro. Ruta do río Seixo (Cerdedo)

Un itinerario fermosísimo que percorre todo o val do río Seixo.