Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Domingo 31 de decembro. Fin de Ano. Alto de Santiaguiño

Camiñada para o derradeiro día do ano, a subida ao Alto de Santiaguiño en Padrón.

O itinerario é un percorrido tranquilo e relaxado, aínda que ten certo desnivel, pero os camiños en xeral son moi cómodos. E aínda que a ruta comeza e finaliza en Padrón, transcorre tamén por zonas do concello de Dodro. Goza nalgúns puntos de moi boas vistas sobre a comarca e ten zonas de bosque ben conservados que alternan con zonas de piñeirais. Sen dúbida, vai ser un bo xeito de despedir o ano.



« Xaneiro - 2018 »
L Ma M X V SD
01 02 03 04 05 06 07
08 09 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31