Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 18 de novembro. Subida ao Capeloso

Esta é a nosa primeira actividade montañeira do curso, dentro da programación prevista para este tipo de actividades.

No Capeloso xa estivemos anteriormente, acadamos o seu cumio dende Zanfoga, parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro. Nesta ocasión o ascenso o faremos dende Las Herrerías, lugariño do concello de Vega de Valcarce, en pleno camiño de Santiago.

O percorrido é unha auténtica marabilla pola paisaxe da que goza e o seu interese natural. As dificultades veñen dadas principalmente polo desnivel de subida(forte nalgúns puntos) aínda que os camiños son bos, salvo o último medio quilómetro antes do cumio. Aquí temos que subir por unha zona de pedras e un tramo entre a vexetación (non é preciso apoiar as mans, pero si que hai que ter un pouco de equilibrio).

O Capeloso é un cumio modesto de case 1.600 m de altitude, pero o feito de subilo dende Las Herrerías fai que a sensación de cumio sexa maior e probablemente máis satisfactoria. O descenso é máis levadío, principalmente por pistas entre amplas zonas de bosque.

A actividade de ascenso ao Capeloso polo seu desnivel a consideramos unha actividade de montaña. É preciso ter unha boa condición física e estar acostumado a facer rutas de sendeirismo con soltura, así como ter certa capacidade de esforzo. Non é unha actividade apta para xente con pouca experiencia.

« Setembro - 2017 »
L Ma M X V SD
  01 02 03
04 05 06 07 08 09 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22
23
24
25 26
27
28 29
30
 

Sábado 23 de setembro. Ruta do río Chanca e ruta da Pedra e da Auga

O percorrido une dous sendeiros homologados: o PR-G170, Ruta do río Chanca e o PR-G 172 Ruta da Pedra e da Auga.

Mércores 27/09. Roteiro por Compostela. Parques e Xardíns. Río Sar

Camiñada seguindo o cordal de parques e xardíns que siguen a bacia do Sar en Compostela.

Sábado 30/09. Camiño dos Faros. De Cabo Vilán a Ponte do Porto

Nova etapa do camiño dos Faros, 22 quilómetros, entre cabo Vilán e a Ponte do Porto.