Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 18 de novembro. Subida ao Capeloso

Esta é a nosa primeira actividade montañeira do curso, dentro da programación prevista para este tipo de actividades.

No Capeloso xa estivemos anteriormente, acadamos o seu cumio dende Zanfoga, parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro. Nesta ocasión o ascenso o faremos dende Las Herrerías, lugariño do concello de Vega de Valcarce, en pleno camiño de Santiago.

O percorrido é unha auténtica marabilla pola paisaxe da que goza e o seu interese natural. As dificultades veñen dadas principalmente polo desnivel de subida(forte nalgúns puntos) aínda que os camiños son bos, salvo o último medio quilómetro antes do cumio. Aquí temos que subir por unha zona de pedras e un tramo entre a vexetación (non é preciso apoiar as mans, pero si que hai que ter un pouco de equilibrio).

O Capeloso é un cumio modesto de case 1.600 m de altitude, pero o feito de subilo dende Las Herrerías fai que a sensación de cumio sexa maior e probablemente máis satisfactoria. O descenso é máis levadío, principalmente por pistas entre amplas zonas de bosque.

A actividade de ascenso ao Capeloso polo seu desnivel a consideramos unha actividade de montaña. É preciso ter unha boa condición física e estar acostumado a facer rutas de sendeirismo con soltura, así como ter certa capacidade de esforzo. Non é unha actividade apta para xente con pouca experiencia.

« Outubro - 2017 »
L Ma M X V SD
  01
02 03 04 05 06 07 08
09 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20
21
22
23 24
25
26 27
28
29
30 31  

Sábado 21 de outubro. Ruta pola serra do Suído

Iremos ata a fermosa parroquia d'A Laxe, no concello de Fornelos de Montes. Alí comenza a nosa andaina circular por esta zona da serra.

Mércores 25 de outubro. Roteiro por Compostela. A Peregrina

Desprazámonos en autobús ata a parroquia d'A Peregrina e dende alí faremos un percorrido a pé para regresar á cidade.

Sábado 28 de outubro. Val de Tejedas (O Bierzo)

É un dos vales menos coñecidos do Bierzo e quizais un dos máis impresionantes polas dimensións do seu bosque.

Domingo 29 de outubro. Puentes de Malpaso (O Bierzo)

Faremos unha ruta circular con inicio e remate en Molinaseca que permite gozar de zonas altas con boas panorámicas e vales encaixados.