Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 18 de novembro. Subida ao Capeloso

Esta é a nosa primeira actividade montañeira do curso, dentro da programación prevista para este tipo de actividades.

No Capeloso xa estivemos anteriormente, acadamos o seu cumio dende Zanfoga, parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro. Nesta ocasión o ascenso o faremos dende Las Herrerías, lugariño do concello de Vega de Valcarce, en pleno camiño de Santiago.

O percorrido é unha auténtica marabilla pola paisaxe da que goza e o seu interese natural. As dificultades veñen dadas principalmente polo desnivel de subida(forte nalgúns puntos) aínda que os camiños son bos, salvo o último medio quilómetro antes do cumio. Aquí temos que subir por unha zona de pedras e un tramo entre a vexetación (non é preciso apoiar as mans, pero si que hai que ter un pouco de equilibrio).

O Capeloso é un cumio modesto de case 1.600 m de altitude, pero o feito de subilo dende Las Herrerías fai que a sensación de cumio sexa maior e probablemente máis satisfactoria. O descenso é máis levadío, principalmente por pistas entre amplas zonas de bosque.

A actividade de ascenso ao Capeloso polo seu desnivel a consideramos unha actividade de montaña. É preciso ter unha boa condición física e estar acostumado a facer rutas de sendeirismo con soltura, así como ter certa capacidade de esforzo. Non é unha actividade apta para xente con pouca experiencia.

« Xuño - 2018 »
L Ma M X V SD
  01 02 03
04 05 06 07 08
09
10
11 12 13 14 15
16
17
18 19
20
21 22 23 24
25 26 27 28 29
30
 

Sábado 9 de xuño. Ruta polo Monte Pindo. Ruta de Montaña

Ruta de montaña por dos montes máis emblemáticos de Galicia: O Pindo.

Sábado 16 de xuño. Ría de Ares.

Ruta de Lecer que combina unha camiñadas e un percurso en kayak.

Mércores 20 de xuño. Roteiro por Compostela. Recollida de herbas de San Xoán.

Percorrido polo Sarela río abaixo, Vidán e outras zonas durante o cal iranse recollendo as diferentes herbas de san Xoán

Sábado 30 de xuño. Illa de Ons

Viaxamos nesta ocasión á illa de Ons collendo o barco en Portonovo. A duración da viaxe en barco é de aproximadamente 45 minutos.