Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 11 novembro. Ruta do Farricoque (Luíntra)

Percorrido no concello de Nogueira de Ramuín coñecido como a ruta do Farricoque.

A ruta comeza en Luíntra, capital do concello e transcorre por corredoiras, entre carballeiras e bosques en moi bo estado de conservación. Tamén cruza zonas altas que permiten ter unhas estupendas panorámicas do Miño e seus arredores, así como outras zonas montañosas. Atravesa algúns pequenos pobos e aldeas como Liñares, Nogueira e Moura (san Xoán): aquí deixamos a ruta do Farricoque e nos achegamos a un fermoso miradoiro sobre o Sil. Un pouco máis adiante xa nos recolle o bus.

O percorrido conta cun alto interese natural e paisaxístico. Os camiños en xeral son bos aínda que en caso de haber lama, pode aumentar a dificultade.
A ruta do Farricoque, así como a do Contrabando e outros itinerarios do concello son deseñados e sinalizados pola asociación Móvete por Nogueira.

  • Lonxitude: 17 km
  • Desnivel: medio (forte en puntos concretos)
  • Dificultade:  media
  • Hora de saída: ás 09:00, diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 20:00 aproximadamente
« Febreiro - 2018 »
L Ma M X V SD
  01 02 03 04
05 06 07 08 09 10 11
12 13 14 15 16
17
18
19 20
21
22 23
24
25
26 27 28  

Sábado 17 de debreiro. Ruta do Alto da Farria (Xunqueira de Ambia)

O inicio da camiñada segue a beira do río Arnoia para ir ascendendo até o castro de Acea.

Mércores 21 de febreiro. Roteiro por Compostela: o monte Pedroso

Imos facer un percorrido circular pasando pola carballeira de San Lourenzo, cruzando o río Sarela e a Selva Negra ata o mirador sur do Pedroso.

Sábado 24 de febreiro. Ruta do río Seixo (Cerdedo)

Un itinerario fermosísimo que percorre todo o val do río Seixo.