Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Domingo 29 de outubro. Puentes de Malpaso (O Bierzo)

Faremos unha ruta circular con inicio e remate en Molinaseca que permite gozar de zonas altas con boas panorámicas e vales encaixados.

Puentes de MalpasoA ruta de «Las Puentes de Malpaso», como lle chaman nesta zona, comeza mesmo en Molinaseca. Preparamos unha variante circular que permite gozar de variadas paisaxes: zonas altas con boas panorámicas e vales encaixados con bosques de aciñeiras.

Ten a ruta un enorme interese natural e paisaxístico, así como cultural, xa que o tramo de Malpaso é o trazado antigo do Camiño de Santiago para entrar en Molinaseca dende Manjarín.

Este tramo, aínda que é moi fermoso, a día de hoxe está case en desuso polos peregrinos.

En xeral o camiño é bo, salvo nalgún punto concreto onde o sendeiro se estreita.

  • Lonxitude: 11 km
  • Dificultade: media
  • Desnivel: medio
« Outubro - 2017 »
L Ma M X V SD
  01
02 03 04 05 06 07 08
09 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20
21
22
23 24
25
26 27
28
29
30 31  

Sábado 21 de outubro. Ruta pola serra do Suído

Iremos ata a fermosa parroquia d'A Laxe, no concello de Fornelos de Montes. Alí comenza a nosa andaina circular por esta zona da serra.

Mércores 25 de outubro. Roteiro por Compostela. A Peregrina

Desprazámonos en autobús ata a parroquia d'A Peregrina e dende alí faremos un percorrido a pé para regresar á cidade.

Sábado 28 de outubro. Val de Tejedas (O Bierzo)

É un dos vales menos coñecidos do Bierzo e quizais un dos máis impresionantes polas dimensións do seu bosque.

Domingo 29 de outubro. Puentes de Malpaso (O Bierzo)

Faremos unha ruta circular con inicio e remate en Molinaseca que permite gozar de zonas altas con boas panorámicas e vales encaixados.