Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 21 de outubro. Ruta pola serra do Suído

Iremos ata a fermosa parroquia d'A Laxe, no concello de Fornelos de Montes. Alí comenza a nosa andaina circular por esta zona da serra.

O percorrido é variado, ten zonas boscosas á beira do río, zonas altas que nos permiten ver boas panorámicas e elementos etnográficos de interese como muíños e hórreos típicos da zona.

A dificultade da ruta é media aínda que ten desnivel forte nalgúns puntos. En xeral nas zonas de maior pendente o camiño é bo. En caso de haber moita auga por mor das chuvias tamén se podería incrementar a dificultade.

Goza todo o percorrido de un gran interese natural e paisaxístico.

  • Lonxitude: 16 km    
  • Desnivel: medio-forte    
  • Dificultade:  media
  • Hora de saída: ás 09:00 h., diante da piscina universitaria
  • Hora de regreso: ás 20:00 h. aproximadamente
« Outubro - 2017 »
L Ma M X V SD
  01
02 03 04 05 06 07 08
09 10 11 12 13 14 15
16 17 18 20
21
22
23 24
25
26 27
28
29
30 31  

Sábado 21 de outubro. Ruta pola serra do Suído

Iremos ata a fermosa parroquia d'A Laxe, no concello de Fornelos de Montes. Alí comenza a nosa andaina circular por esta zona da serra.

Mércores 25 de outubro. Roteiro por Compostela. A Peregrina

Desprazámonos en autobús ata a parroquia d'A Peregrina e dende alí faremos un percorrido a pé para regresar á cidade.

Sábado 28 de outubro. Val de Tejedas (O Bierzo)

É un dos vales menos coñecidos do Bierzo e quizais un dos máis impresionantes polas dimensións do seu bosque.

Domingo 29 de outubro. Puentes de Malpaso (O Bierzo)

Faremos unha ruta circular con inicio e remate en Molinaseca que permite gozar de zonas altas con boas panorámicas e vales encaixados.