Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Axenda > Evento

Evento

Sábado 17 e domingo 18. Fin de semana en Asturias

Imos esta fin de semana a Asturias a facer dúas actividades ben distintas. O sábado faremos o descenso do río Sella e o domingo unha ruta de sendeirismo entre Cangas de Onís e Covadonga.
  • Hora de saída: ás 07:00
  • Hora de regreso: o domingo ás 21:00 aproximadamente.

Estaremos aloxados en réxime de media pensión no Albergue Turístico Casa de la Montaña, en Avín, en cuartos de 6-8 prazas. Tendes que levar a comida para a ruta do domingo.

Se houbese algún motivo alleo á organización que impedise a realización do descenso do río Sella, a actividade farase igualmente. Temos preparada outra ruta de sendeirismo a maiores, por se fose preciso

Descenso do río Sella

Faremos esta actividade en colaboración coa Escuela Asturiana de Piragüismo que achegarán as embarcacións necesarias e persoal especializado. Ao chegar poderemos cambiarnos nos vestiarios. Temos que levar bañador, camiseta, calzado que se poida mollar (chanclas non), toalla para a ducha e protector solar.

Os monitores daran as indicacións necesarias para facer a actividade. As embarcacións que usaremos son moi estables. É recomendable saber nadar, pero en caso contrario hai que notificalo aos monitores.

Cada participante levará un chaleco salvavidas e cada embarcación levara un bidón estanco con un pic-nic para cada un dos participantes, composto por un bocadillo de friame, unha peza de froita, galletas e botellín de auga, así que para ese día non é preciso que levedes a comida.

Ao rematar regresaremos en transporte á Escuela de Piragüismo, onde poderemos ducharnos e cambiarnos.

O traxecto polo río é bastante tranquilo en xeral e pódese elixir a lonxitude do mesmo dependendo dos nosos folgos entre 8, 12 ou 16 quilómetros.

Esta actividade ten un custe de 18 euros por persoa, que abonaremos alí mesmo ao chegar

Ruta de Cangas de Onís a Covadonga

  • Lonxitude: 15 km
  • Desnivel: medio (forte nalgúns puntos)
  • Dificultade: media.

Esta ruta é a última etapa do GR 105, tamén coñecido como Ruta das Peregrinacións, que comeza en Oviedo e remata en Covadonga.

É un percorrido que vai pouco a pouco cambiando de paisaxe. Comeza xunto á ponte romana de Cangas, en forte subida, ata chegar ao parque nacional dos Picos de Europa, rematando no santuario de Covadonga.

Os camiños en xeral son moi bos agás un curto tramo do descenso, onde haberá que ir amodo.

Toda a ruta ten un alto interese paisaxístico e natural.

« Xuño - 2017 »
L Ma M X V SD
  01 02
03
04
05 06 07 08 09 10 11
12 13 14 15 16
17
18
19 20
21
22 23 24 25
26 27 28 29 30  

Sábado 3. De Goián a Vila Nova de Cerveira

Viaxamos nesta ocasión a Goián, parroquia do concello de Tomiño.

Sábado 17 e domingo 18. Fin de semana en Asturias

Imos esta fin de semana a Asturias a facer dúas actividades ben distintas. O sábado faremos o descenso do río Sella e o domingo unha ruta de sendeirismo entre Cangas de Onís e Cova...

Sábado 17 e domingo 18. Fin de semana en Asturias

Imos esta fin de semana a Asturias a facer dúas actividades ben distintas. O sábado faremos o descenso do río Sella e o domingo unha ruta de sendeirismo entre Cangas de Onís e Cova...

Mércores 21. Roteiro por Compostela. Recollida de Herbas de San Xoán

Percurso polas beiras do Sarela para apañar as herbas de San Xoán.